xoves, 7 de maio de 2020

COLOURS (KINDERGARTEN + 1st GRADE: 1ºA / 1ºB)

Good morning boys and girls!

Today we are going to review the COLOURS. Are you ready?

Let's sing some songs.




And let's play some games!

AN EASY PEASY QUIZ (CLICK ON THE IMAGE TO PLAY)

https://view.genial.ly/5e84cecad5aa510e329b3a22/game-quiz-colours


A LIM GAME (CLICK ON THE IMAGE TO PLAY)

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/colours/colours.html


LISTEN AND CHOOSE THE CORRECT COLOUR



READ AND CHOOSE THE CORRECT BALLOON



ORDER THE LETTERS TO WRITE THE WORD



MEMORY GAME



And for FIRST GRADERS (1ºA / 1ºB), here you have some worksheets. Are you ready? Click on the image to do them and send them to me.

colours

Have a great day!!


Ola peques de infantil e 1º!

Hoxe imos repasar as cores, aínda que sei que as coñecedes perfectamente ben, non nos vén mal ver unhas cancións e xogar a uns xogos para recordalas.

Primeiro comezaremos con dous vídeos para cantar. Podedes buscar obxectos das cores que vos suxire o vídeo pola vosa casa, como faciamos pola aula. 

Despois de ver as cancións déixovos varios xogos:
  1. QUIZ: un test moi senxiliño no que tendes que escoller a cor correcta. É súper doado! Easy peasy!
  2. A LIM GAME: un libro interactivo no que en cada páxina tendes unha actividade diferente para facer.
  3. LISTEN AND CHOOSE THE CORRECT COLOUR: prestade atención ás cores que se vos din no audio e facede click na opción correcta.
  4. READ AND CHOOSE THE CORRECT BALLOON: un tren con vagóns vai pasar por diante de vós. Tendes que ler a palabra que aparece en cada vagón e estoupar o globo correcto para que a cor caia no seu correspondente vagón. Tendes que estar súper atentos e atentas! 
  5. ORDER THE LETTERS TO WRITE THE WORDS: arrastrade as letras a súa posición correcta para compoñer a palabra.
  6. MEMORY GAME: buscade as parellas de cor e palabra. Toca traballar esa memoria!
Por último déixovos dúas fichas moi sinxelas para facer:
  1. Na primeira tendes que arrastrar co rato a palabra debaixo da súa cor correspondente.
  2. Na segunda fixádevos na cor do lapis, lede o nome das cores e escollede a opción correcta.
Xa sabedes que cando rematedes as fichas tendes que enviarmas ao correo thearousabridge@gmail.com

IMPORTANTE! 
A MAIORÍA DOS XOGOS PUBLICADOS NESTA ENTRADA PODEN SER FEITOS TAMÉN POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL, SOBRE TODO OS QUE NON IMPLICAN LECTURA (CANCIÓNS, QUIZ, GRAN PARTE DO LIM E O XOGO DE LISTEN AND CHOOSE).  DE TODOS OS XEITOS, PODEN INTENTAR XOGAR A TODOS OS XOGOS PUBLICADOS (PRINCIPALMENTE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS). NON É NECESARIO QUE FAGAN AS FICHAS.

Espero que teñades un día estupendo!

Unha aperta enorme! 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario