xoves, 7 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS (1ºA, 1º B / 2ºA, 2ºB)

Bo día nenos e nenas de 1º e 2º.

Esta entrada é un pouco especial xa que está relacionada co día das LETRAS GALEGAS

E por que a facemos no blogue de inglés? Porque imos facer un pequeno traballiño que nos serve para traballar en plástica. Así que imos aproveitar...

O día das LETRAS GALEGAS celébrase o 17 de maio de todos os anos e adícaselle a un autor ou autora. Este ano o día está adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.



E que é o que tendes que facer vós? Dámosvos diferentes opcións:

  1. DECORAR UNHA PALABRA OU FRASE EN GALEGO RELACIONADA CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS OU CON CARVALHO CALERO: recordade que ten que estar decorada súper bonita, sacando ás e aos artistas que levades dentro. Podedes usar o título dalgún dos seus libros, unha palabra dalgún dos seus escritos... O que máis vos guste!
  2. FACER UN DEBUXO DO AUTOR OU DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020: podedes debuxalo a el, a portada dun dos seus libros... Usade a vosa imaxinación e, coma sempre, decorádeo moito!
Podedes colgar o que debuxáchedes nas vosas ventás!

E que tendes que facer despois de facer o debuxo e decoralo? Sacarlle unha foto en HORIZONTAL e enviarlla ás vosas titoras ANTES DO MARTES 12 DE MAIO. (Na foto podedes saír vós co voso traballo)
  • Os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB envían o seu traballo a asineiradotorreilla@gmail.com
  • Os nenos e nenas de 2ºA envían o seu traballo a profedegarda@gmail.com
  • Os nenos e nenas de 2ºB envían o seu traballo a destabeiradaponte@gmail.com
Se tendes algunha pregunta non dubidedes en poñervos en contacto comigo ou coas vosas titoras.

Unha aperta grande!

Ningún comentario:

Publicar un comentario