Do you remember the vocabulary related to the food? Here it is!
Look at these funny songs:
And now complete these worksheets. You already know what you have to do: when you finish, send them to me. (Click on the image to do them).
Do you like?
And let's finish with some games...
FIND THE PAIRS
WORDSEARCH
Bo día nenos e nenas!
Hoxe imos repasar o vocabulario da comida que comezamos a ver no cole, recordades? Déixovos unhas fotos coas palabras que aprendemos, fixádevos ben.
Tendes tres cancións moi divertidas para ver. Prestade atención a como contestan ás preguntas (Yes, I do. / No, I don't).
Despois de ver os vídeos tendes que facer dúas fichiñas. Xa coñecedes o procedemento, verdade? Facédelas e enviádesmas escollendo a opción ENVIAR A MI PROFESOR/A e escribides o correo thearousabridge@gmail.com. E que é o que tendes que facer nesas fichas? Pois practicar a estrutura das cancións anteriores.
- No primeiro exercicio tendes que ler a pregunta, fixarvos na cariña e escoller a opción correcta. Se a cariña está feliz... a resposta será Yes, I do. ou No, I don't. ? Estou segura de que non tendes ningunha dúbida.
- No segundo exercicio tendes que escribir Yes, I do. ou No, I don't. dependendo do que vos guste ou non a vós.
- FIND THE PAIRS: é un memory no que tendes que buscar ás parellas (un debuxo coa súa correspondente palabra).
- WORDSEARCH: é unha sopa de letras. Segundo vaiades atopando as palabras facedes click na súa correspondente imaxe.
Moito ánimo que estades a facelo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario