Good morning boys and girls!
Today is Thursday, 28th May 2020. I want to show you a presentation that Alyssa made for you about summer in the US. Pay attention!
Alyssa fálanos do tempo. Cóntanos que onde ela vive, en Miami, pode chegar a facer moita calor durante o verán! Pero como Estados Unidos é tan grande, as temperaturas varían moito en todo o país.
Como podedes ver hai moitas actividades que se poden facer durante o verán.
Medios de transporte que se poden usar para viaxar.
Mirade cantos parques de atraccións poden visitar en Florida!
E en Miami, a cidade de Alyssa, tamén se poden facer moitas cousas...
Alyssa comparte con nós cales foron as súas vacacións de verán favoritas. Cantos sitios chulos!
Nesta última foto Alyssa deséxavos un moi bo verán. Di que vos bota moito de menos e que podedes enviarlle que cousas divertidas facedes vós durante as vosas vacacións de verán. Tamén vos di que lamenta moito non poder terse despedido de todos e todas vós, pero que foi estupendo coñecervos este ano. Espera que aprendérades moito con ela e que se algunha vez ides aos Estados Unidos vaiades visitala 😉
E agora... que vos parece se entre todos e todas lle preparamos a Alyssa un vídeo de despedida? Seguro que a ela lle faría moita ilusión vervos a todos e todas despedíndovos dela!
Para iso o que tendes que facer é gravar un vídeo EN HORIZONTAL adicándolle unhas palabras.
Podedes dicirlle o que queirades, mellor se é en inglés para que vexa todo o que aprendíchedes grazas a ela. Eu podo botarvos unha man para preparar o que queirades dicirlle, só tendes que enviarme un correo e axúdovos individualmente a cada un e cada unha de vós. De todos os xeitos, déixovos aquí algunhas frases que podedes utilizar:
- THANK YOU FOR BEING MY TEACHER. (Grazas por ser a miña profe)
- I WILL MISS YOU. (Botareite de menos)
- HAVE A SAFE FLIGHT BACK HOME. (Ten unha boa viaxe de volta a casa)
- LET'S KEEP IN TOUCH! (Manteñamos o contacto!)
- COME TO VISIT US. (Vén visitarnos)
Procurade que o vídeo non sexa moi longo (que non dure máis dun minuto). Debedes enviarmo ANTES DO VENRES 5 DE XUÑO ao correo thearousabridge@gmail.com.
Espero que teñades un moi bo día.
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario