xoves, 30 de abril de 2020

FOOD II (3rd GRADE: 3ºA / 3ºB)

Good morning kids!

Let's continue with the vocabulary related to the food.

I have created some easy activities for you. Are you ready?

LISTEN AND CHOOSE THE CORRECT OPTION



LISTEN AND CHOOSE THE CORRECT OPTION



WATCH THE VIDEO AND ANSWER THE QUESTIONS


Have you noticed the difference between healthy and unhealthy food? You can create a poster dividing HEALTHY and UNHEALTHY food at home and send it to me. I will post your pictures here.

MANUEL (3ºA) classified this food. Very good Manuel!


Look the unhealthy and healthy food that DANIEL (3ºA) chose. Very good job Dani! 



Look at ANXO's classification (3ºA). Excellent job Anxo! 


 Very good job ÁLVARO (3ºB). Your classification is perfect!




 CIBRÁN (3ºA) made an excellent classification. Very good job Cibrán!



Look at LUCAS' classification (3ºB). Great job Lucas!



CHRISTIAN (3ºA) also sent his classification. Very good job Christian!



CANDELA (3ºB) also sent her classification. Excellent Candela!!

Finally, you can complete this easy worksheet. Look at the chart, read and choose TRUE or FALSE. Click on the image to do it.


Reading - Likes & doesn't like (with food)

Have a wonderful day!


Ola nenos e nenas!

Como estades hoxe? Espero que de marabilla! Imos continuar repasando o vocabulario relacionado coa comida.

  • Para comezar tendes dúas actividades similares nas que debedes escoitar atentamente e marcar a opción correcta. 
  • A terceira actividade é un vídeo. A medida que o ides vendo vanvos aparecer unhas preguntas que debedes contestar marcando a opción que pensades que é a correcta. Ao ver o vídeo déchedesvos de conta da diferenza que hai entre HEALTHY e UNHEALTHY food? HEALTHY significa saudable, e UNHEALTHY non saudable. Tendo en conta isto propóñovos unha actividade para facer durante estes días: que vos parece se clasificades comida que tendes na casa en HEALTHY e UNHEATLHY? Podedes facer un mural, un póster, un debuxo... o que prefirades. Unha vez que a teñades feita enviádesme unha foto e cólgoa nesta entrada do blogue.
  • Por último tendes unha ficha interactiva para completar. Fixádevos ben no cadro, lede a frase e escollede TRUE se pensades que é verdadeira e FALSE se pensades que é falsa.

Xa sabedes que se tendes calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo no correo electrónico.

Unha aperta ben grande e moito ánimo!

MY HOUSE (2nd GRADE: 2ºA / 2ºB)

Good morning kids!

Today is Thursday, 30th April 2020.

Look at this video.


And now... Would you like to record your own video? 
- You can show your own house.
- You can show a toy house.
- You can draw a house.
Whatever you want! But you have to record a video explaining the parts of the house. Ok? Are you ready?

You can send it to me and I will upload it here.

Thank you so much!!

Have a great day!

 YOUR VIDEOS


CAYETANA (2ºA) sent her video. Good job Cayetana! 



Look at MARÍA OTERO's video (2ºA). Excellent María!


RAÚL (2ºB) sent his video. Thank you Raúl! Very good job! 


Look at MARCO's house (2ºA). Thank you so much Marco! Excellent! 



JAVIER (2ºA) also sent the video of the house. Very good Javi, great job!



We can see YASMINA's house in this video (2ºA). Very good job Yasmina!


Look at IVÁN's house (2ºB)! It's a very special house because... it's a book! It's Teo's house. And Iván introduces Teo's family too. Very good job Iván!


We can see LUCÍA's house (2ºB) in this wonderful video.Excellent job Lucía! 


 Look at IAGO's house (2ºB). Excellent job Iago!


MARIO (2ºB) also sent his video. Look at his house! Excellent job Mario! 


Look at ELISA's video (2ºB). She explains perfectly well the parts of the house and even the family! Excellent job Elisa!


We can see MARCOS (2ºA) in this wonderful video. Look at his house! Very good Marcos!


This is MARÍA BRAVO's toy house (2ºA). Look, there is a lighthouse! Very good María!



And look at SARA's toy house (2ºA). It's very beautiful! Great job Sara!


SILVIA (2ºB) sent her video. We can see her toy house. Excellent job Silvia! 


LOLA INSUA (2ºA)  sent a video of her beautiful house. Great Lola!


Ola peques de 2º!

Hoxe tráiovos un vídeo sobre as partes da casa. Como podedes ver ensínovos unha casa e vouvos mostrando as habitacións que ten. 
Apetécevos facer o mesmo? Precisaríades facer un vídeo describindo unha casa, a que queirades! Pode ser a vosa casa, unha casa de xoguete, unha casa debuxada... o que vós escollades! O importante da actividade e que se vos escoite a voz e vaiades dicindo cal é cada habitación. Por exemplo: THERE IS A BEDROOM, THERE IS A BATHROOM, THERE IS A GARDEN... mentres ensinades cada lugar. 
Cando o teñades feito enviádesmo a thearousabridge@gmail.com e eu súboo aquí. É importante que o vídeo non sexa moi longo xa que se non non se pode subir facilmente.

Moitas grazas por participar e pasade un día marabilloso!

MY PENCIL CASE (1st GRADE: 1ºA / 1ºB)

Good morning boys and girls!

Let's continue reviewing the vocabulary related to SCHOOL OBJECTS.

You have to watch this video and answer the questions. Are you ready?




And now you have to complete this worksheet and send it to me. Click on the image to do it.

Classroom objects (listen and join)

And finally... Look at this video!


What have you got in your pencil case? Can you do a video like this and send it to me? I will post them here.


YOUR VIDEOS

CELTIA (1ºA) shows her pencil case in this wonderful video. Very good job Celtia! 

You can see LEO's bag (1ºB) in this video. He has got lot of things! Look at him! 



BREO (1ºB) sent a video explaining what he's got in his pencil case. Excellent job Breo! 


Look at DYLAN's pencil case (1ºA). Very good Dylan!


That's all for today!



Ola peques!

Imos continuar repasando o vocabulario dos obxectos da clase. 
  • A primeira actividade é un vídeo no que tendes que contestar a unhas preguntas. Só tendes que facer click na opción correcta.
  • A segunda actividade é unha ficha interactiva. Tendes que escoitar e unir. Xa coñecedes o procedemento, verdade? Cando a rematedes escollede a opción de ENVIAR A MI PROFESOR/A e escribides o meu correo electrónico thearousabridge@gmail.com.
  • Por último déixovos un vídeo no que vos conto o que teño eu no meu estoxo. Apetécevos facer un vós? Só tendes que gravarvos contando o que tendes vós e usando a frase I'VE GOT... Unha vez estea feito podédesmo mandar e eu cólgoo no blogue.
Espero que vos apeteza moito facer estas actividades. 

Unha aperta enorme!!

martes, 28 de abril de 2020

FEELINGS (KINDERGARTEN - infantil)

GOOD MORNING KIDS!

HOW ARE YOU TODAY? I AM HAPPY!!!



LOOK AT THESE VIDEOS TO DANCE AND SING!






AND LOOK AT THE BOLECHAS AND THEIR TEACHER!



DO YOU WANT TO PLAY A MEMORY GAME NOW? LET'S GO!




LOOK WHAT MANUEL SENT! EXCELLENT MANUEL!!!






OLA PEQUES!

COMO ESTADES HOXE? EU ESTOU MOI CONTENTA!

TRÁIOVOS UNHAS CANCIÓNS DOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS QUE PODEDES VER, CANTAR E BAILAR NA CASIÑA. ALGUNHAS XA AS COÑECEDES. ESTADES PREPARADOS E PREPARADAS?

PODEDES VER TAMÉN UN VÍDEO DOS BOLECHAS E O SEU TEACHER. ELES TAMÉN TEÑEN UN PROFE QUE LLES AXUDA A APRENDER INGLÉS. QUE SORTE! 

POR ÚLTIMO PODEDES XOGAR A UN XOGO DE ATOPAR PARELLAS. APETÉCEVOS?

ESPERO QUE O PASEDES XENIAL CANTANDO, BAILANDO E XOGANDO.

UNHA APERTA XIGANTESCA!


 

FOOD I (3rd GRADE: 3ºA / 3ºB)

Good morning kids!

Do you remember the vocabulary related to the food? Here it is!




Look at these funny songs:








And now complete these worksheets. You already know what you have to do: when you finish, send them to me. (Click on the image to do them).

Do you like?

And let's finish with some games...

FIND THE PAIRS



WORDSEARCH




Bo día nenos e nenas!

Hoxe imos repasar o vocabulario da comida que comezamos a ver no cole, recordades? Déixovos unhas fotos coas palabras que aprendemos, fixádevos ben. 

Tendes tres cancións moi divertidas para ver. Prestade atención a como contestan ás preguntas (Yes, I do. / No, I don't)

Despois de ver os vídeos tendes que facer dúas fichiñas. Xa coñecedes o procedemento, verdade? Facédelas e enviádesmas escollendo a opción ENVIAR A MI PROFESOR/A e escribides o correo thearousabridge@gmail.com. E que é o que tendes que facer nesas fichas? Pois practicar a estrutura das cancións anteriores.
  • No primeiro exercicio tendes que ler a pregunta, fixarvos na cariña e escoller a opción correcta. Se a cariña está feliz... a resposta será Yes, I do. ou No, I don't. ? Estou segura de que non tendes ningunha dúbida.
  • No segundo exercicio tendes que escribir Yes, I do. ou No, I don't. dependendo do que vos guste ou non a vós.
Despois de realizar os dous exercicios das fichas déixovos dous xogos.
  1. FIND THE PAIRS: é un memory no que tendes que buscar ás parellas (un debuxo coa súa correspondente palabra).
  2. WORDSEARCH: é unha sopa de letras. Segundo vaiades atopando as palabras facedes click na súa correspondente imaxe.
Xa sabedes que se alguén ten algunha dúbida, non entende algo en concreto, non sabe facer algunha actividade, atopa algún problema... o que sexa! pode poñerse en contacto comigo mandando un correo a thearousabridge@gmail.com e intentamos solucionar o problema.

Moito ánimo que estades a facelo xenial!

PARTS OF THE HOUSE III (2nd GRADE: 2ºA / 2ºB)

Good morning kids!

Let's continue with the vocabulary related to the parts of the house. Today you are going to play a lot. Are you ready?


1. LISTEN AND CHOOSE




2. LOOK, READ AND ANSWER THE QUESTIONS



3. DRAG AND DROP EACH PICTURE NEXT TO THE CORRECT WORD



4. WORDSEARCH - FIND THE WORDS



5. WHAT'S THIS?



6. HANGMAN



Bo día a todos e todas!

Hoxe tráiovos un montón de xogos para que sigades practicando o vocabulario das partes da casa. Apetécevos? Espero que si!
  1. LISTEN AND CHOOSE: tendes que escoitar as frases e escoller a opción correcta segundo o que escoitedes. Debedes facer click co rato no cadrado correspondente.
  2. LOOK, READ AND ANSWER THE QUESTIONS: lede a pregunta, mirade o debuxo e escollede a opción correcta.
  3. DRAG AND DROP EACH PICTURE NEXT TO THE CORRECT WORD: tendes que arrastrar cada debuxo ao lado da súa correspondente palabra.
  4. WORDSEARCH: realizade a sopa de letras. Ollo! Pode haber palabras escondidas en diagonal.
  5. WHAT'S THIS?: Pouco a pouco vaise ir descubrindo unha imaxe. Facede click sobre a palabra correcta cando saibades o que é.
  6. HANGMAN: para finalizar déixovos o xogo do aforcado con todo o vocabulario aprendido.
Espero que desfrutedes moito con estas actividades, que o pasedes ben e que sigades repasando. Seguide traballando así que estades a facelo de marabilla!

Unha aperta enoooorme.

SCHOOL SUPPLIES I (1st GRADE: 1ºA / 1ºB)

Good morning boys and girls!

Do you remember when we studied the vocabulary related to SCHOOL SUPPLIES? Let's remember with a song...

Recordade que a goma de borrar pódese chamar RUBBER ou ERASER.



And now... do you want to play? Let's go there!


FIND THE MATCHING PAIRS




MATCH THE WORDS AND THE CORRECT PICTURES 





HIT THE MOLES WITH THE CORRECT WORDS AND PICTURES



And finally CLICK HERE to play the crocodile game.

Have a wonderful day!


Ola peques!

Hoxe tráiovos unha canción e un montón de xogos para repasar o vocabulario que estudamos dos obxectos da clase. Recordades os seus nomes? Mirade atentamente o vídeo e, se queredes, tamén podedes cantar a canción.
Cando rematedes podedes xogar aos distintos xogos:
  • No primeiro tendes que buscar parellas.
  • No segundo hai que unir a palabra co seu correspondente debuxo.
  • No terceiro tendes que dispararlle aos topos que teñen a palabra coa súa correspondente imaxe. Ao mellor hai palabras que non coñecedes, pero non vos preocupedes que a maioría estudámolas.
  • No cuarto e último xogo tendes que facer click no enlace para xogar e... SORPRESA! E como o xogo do pirata que tanto vos gusta, pero con cocodrilos.
Espero que o pasedes moi ben facendo estas actividades.

Unha aperta xigantesca!

venres, 24 de abril de 2020

IMAGINE - WORLD BOOK DAY

Good afternoon everyone!

Today is a very special day. I want to celebrate the World Book Day, which was yesterday 23rd April 2020.

For this reason I read this wonderful book for you. Its name is IMAGINE.


And here you have the original song:




And now... Would you like to draw a picture? You can draw your perfect world, something you imagine... 

I hope you enjoy this activity!





Look at LEO (1ºB). He wants LOVE, PEACE, FRIENDS, FAMILY, NO WARS and NO CORONAVIRUS in his ideal world. Excellent Leo! Great job!





 







And he also sent a video reading a book, one of my favourite ones! The Gruffalo! Here it is. Thank you Leo!!!












BREO (1ºB) sent this beatiful drawing. His ideal world is full of clean oceans. Very good Breo! I love your world!



ÁLVARO (3ºB) sent his drawing. Look at his ideal world. He's playing with his friend Lucas and we Stop Covid-19. Very good Álvaro! Excellent job!



Ola a todos e todas!

Hoxe tráiovos unha entrada algo especial xa que me gustaría celebrar o Día do Libro con vós que, como sabedes, foi onte. Para iso gravei un vídeo lendo un conto moi especial que está baseado nunha canción de John Lennon chamada IMAGINE. Facede click no enlace para escoitar a lectura do vídeo.

Déixovos tamén a canción para que a escoitedes e cantedes. Seguro que moitos e moitas de vós xa a coñecedes. Escoitádea, desfrutádea e, se vos apetece, cantádea.

Por último, propóñovos unha actividade... que vos parece se facedes un debuxo con algo que vós imaxinedes? Podedes debuxar o voso mundo perfecto, o que vos gustaría facer cando todo isto pase... o que vos apeteza! Só usade a vosa imaxinación! Despois podedes enviarme o debuxo e eu subireino aquí.

Unha aperta enorme!

 

xoves, 23 de abril de 2020

VERB TO BE (3rd GRADE: 3ºA / 3ºB)

Good morning girls and boys!

Today is Thursday, 23rd April 2020.

Do you remember the verb TO BE? We studied it at school. Let's remember the affirmative form...

I AM              =     I'M           (Eu son, eu estou)
YOU ARE        YOU'RE  (Ti es, ti estás)
HE IS             =     HE'S        (El é, el está)
SHE IS           =     SHE'S      (Ela é, ela está)
IT IS               =     IT'S          (O animal ou a cousa é, está)
WE ARE        =     WE'RE     (Nós somos, nós estamos)
YOU ARE      =     YOU'RE   (Vós sodes, vós estades)
THEY ARE    =     THEY'RE (Eles / elas son, están)


And now... let's play a game!




After playing, you have to complete this worksheet.

REMEMBER!

1. CLICK ON THE IMAGE TO DO THE WORKSHEET.
2. COMPLETE THE WORKSHEET.
3. WHEN YOU FINISH CHOOSE THE OPTION: SEND TO MY TEACHER.
4. WRITE MY EMAIL: thearousabridge@gmail.com


Am, is, are


Ola peques!

Lembrades cando no cole estudamos o Verbo To Be? Déixovos un pequeno repaso, só da forma afirmativa. Despois de botarlle un ollo podedes xogar ao xogo e despois completar a ficha. Recordade seguir os pasos:

1. FAI CLICK NA IMAXE PARA FACER A FICHA.
2. COMPLETA O TRABALLO.
3. CANDO A REMATES ESCOLLE A OPCIÓN: ENVIAR A MI PROFESOR/A.
4. ESCRIBE O MEU CORREO ELECTRÓNICO: thearousabridge@gmail.com.

As actividades de hoxe son moi sinxeliñas e penso que non vos levará moito tempo facelas. Podedes deixarme comentarios no blogue ou enviarme un correo coas vosas impresións: se pensades que vos mando pouca tarefa, se credes que vos mando demasiado, se vos resulta moi sinxelo, moi complicado... Vaia, que me contedes un pouco a vosa opinión da dinámica que estamos seguindo para traballar.

Moito ánimo e aseguir así!
 
 

PARTS OF THE HOUSE II (2nd GRADE: 2ºA / 2ºB)

Good morning boys and girls!

Today is Thursday, 23rd April 2020.

Let's continue with the PARTS OF THE HOUSE.

Have you seen the video I posted on Tuesday? Well, today you have to see it again, but you have to answer some questions. Are you ready?




 And now you have to do this worksheet and send it to me.

REMEMBER!

1. CLICK ON THE IMAGE TO DO THE WORKSHEET.
2. COMPLETE THE WORKSHEET.
3. WHEN YOU FINISH CHOOSE THE OPTION: SEND TO MY TEACHER.
4. WRITE MY EMAIL: thearousabridge@gmail.com

House: Listen and choose


Ola peques! 

Hoxe imos continuar co vocabulario das partes da casa. Estades preparadas e preparados?
Víchedes na entrada do martes que vos deixei un vídeo de Steve and Maggie para que vírades? Pois ben, hoxe déixovos unha actividade con ese mesmo vídeo, pero con preguntas. O que tendes que facer é darlle a START no recadro verde de arriba, ir vendo o vídeo e contestando ás preguntas que se vos vaian facendo. Tendes que seleccionar a opción correcta, facer click en ANSWER e unha vez que esteades seguros e seguras da resposta, clicar en NEXT. Cando rematedes a actividade, por favor, deixádeme un comentario (na páxina da actividade ou no blogue) dicindo quen o fixo e que tal lle saíu e, por suposto, se vos gustou!

Despois tendes que facer unha pequena fichiña que NON É NECESARIO IMPRIMIR. Os pasos serían:

1. FAI CLICK NA IMAXE PARA FACER A FICHA.
2. COMPLETA O TRABALLO.
3. CANDO O REMATES ESCOLLE A OPCIÓN: ENVIAR A MI PROFESOR/A.
4. ESCRIBE O MEU CORREO ELECTRÓNICO: thearousabridge@gmail.com.

Espero que vos gusten estas actividades e que pasedes un moi bo día.

Unha aperta enooooorme!

FAMILY III (1st GRADE: 1ºA / 1ºB)

Good morning boys and girls!

Today is Thursday, 23rd April 2020. Today is the last day to review the vocabulary related to the family.

I created a KAHOOT game. You have to click on the image to play and answer the questions.

https://kahoot.it/challenge/03275919?challenge-id=89e0a344-fed3-43d3-8cc7-8eed26a173cc_1587548166437


You can also do the following worksheets.

REMEMBER!

1. CLICK ON THE IMAGE TO DO THE WORKSHEET.
2. COMPLETE THE WORKSHEET.
3. WHEN YOU FINISH CHOOSE THE OPTION: SEND TO MY TEACHER.
4. WRITE MY EMAIL: thearousabridge@gmail.com


Family - Read and choose

GRANNY = GRANDMA


Family - Read and match


Family - Write

Enjoy your day! 


Ola peques!

Hoxe é o último día que imos repasar o vocabulario da familia. Para iso déixovos un xogo que se chama KAHOOT. Para xogar só tendes que facer click na imaxe. O xogo consiste en contestar a unhas preguntas (tendes que facer click na opción correcta). Tendes 30 segundos para cada resposta. 
Por outro lado déixovos tres fichas mooooooooi sinxelas. Para facelas NON É NECESARIO IMPRIMILAS. Os pasos serían:

1. FAI CLICK NA IMAXE PARA FACER A FICHA.
2. COMPLETA O TRABALLO.
3. CANDO A REMATES ESCOLLE A OPCIÓN: ENVIAR A MI PROFESOR/A.
4. ESCRIBE O MEU CORREO ELECTRÓNICO: thearousabridge@gmail.com.
  • Na primeira ficha tes que mirar a imaxe e facer click na palabra correcta.
  • Na segunda ficha tes que ler e unir a frase coa imaxe correcta.
  • Na terceira imaxe tes que escribir, usando o teclado do ordenador ou da táblet, o nome correcto da  persoa da familia. 
Se tendes calquera dúbida, non entendedes algunha actividade ou precisades axuda, non dubidedes en poñervos en contacto comigo ou ben deixando un comentario no blogue ou escribíndome un correo a: thearousabridge@gmail.com.

Moitas grazas por estar sempre aí e mooooooito ánimo!

Unha aperta enorme!  

mércores, 22 de abril de 2020

EARTH DAY

Good morning kids!

Today is Wednesday, 22nd April 2020 and it's a very special day! 

Earth Day FAQ & Tips! — Annapolis Family Medicine 


Yes! Today is the EARTH DAY. You can play this memory game with solutions to take care of our planet. Click on the image to play.

http://www.sheppardsoftware.com/usa_game/holiday_memory/help_environment_memory.htm


You can also watch this video to sing the song. Remember three important words: 
REDUCE
REUSE 
RECYCLE



And look what a surprise! Alyssa has made this wonderful video for you. Look at the wonderful images. Can you see the sea turtle? Follow her advices to take care of the planet!




She also created this wonderful poster. Look at it.


THANK YOU SO MUCH ALYSSA!

Enjoy your day kids!!



Ola peques!

Hoxe déixovos unha entrada algo especial xa que é o Día da Terra e o noso planeta merece que o coidemos moito, moito. 
Por iso podedes xogar ao memory que vos deixo. Trátase de que busquedes parellas de cousas que podemos facer para coidar da Terra.
Tendes tamén unha canción moi chula que podedes cantar. Nela aparecen tres palabras moi, moi importantes: REDUCIR, REUSAR E RECICLAR (REDUCE, REUSE, RECYCLE en inglés).
Ademais a nosa querida Alyssa preparou un vídeo e un cartel informativo con consellos e pasiños que podemos dar para facer do noso mundo un lugar mellor e máis sostible. Víchedes a tartaruga no vídeo? Menudas imaxes máis chulas que nos ensina de lugares como Nova Zelanda, Hawaii... Marabilloso!

Moitas grazas Alyssa!

Espero que o desfrutedes moito e que pasedes un día marabilloso!