xoves, 18 de xuño de 2020

SEE YOU SOON!!

Hello everyone!

Hoxe temos unha entrada un pouco especial, xa que é a última deste curso. É o momento de desfrutar do verán e das vacacións. Are you ready? I'm sure you are!

Pero antes é o momento das despedidas e Alyssa preparou este vídeo para despedirse de vós. Prestade atención! (Facede click na imaxe para ver o seu vídeo)

https://drive.google.com/file/d/15rPqYeehfMNXJ_0NdTJBwJagpXmwNo81/view?usp=sharing


E como nós non queriamos ser menos tamén preparamos un vídeo para despedila para ela. Moitas grazas por participar! (Facede click na imaxe para ver o noso vídeo)

https://drive.google.com/file/d/1ooRk7Kg8q3CJd1UaK8fvfabTXZv6WJnq/view?usp=sharing


Ímola botar moito de menos, verdade? Pero estamos moi agradecidos e agradecidas por todo o seu traballo e compañía durante este curso e desexámoslle todo o mellor do mundo!

THANK YOU ALYSSA!!


E agora, pola miña parte, tamén me queda despedirme de vós. Quero darvos a noraboa polo traballo desta temporada e felicitarvos polo voso comportamento e actitude. Sodes uns campións e campioas! E por iso gustaríame que estes días esteades un pouco pendentes dos vosos correos electrónicos, xa que vos chegará unha sorpresiña para felicitarvos polo traballo desta temporada.

O blogue seguirá aberto con todos os recursos que se foron subindo ao longo destes meses a vosa disposición para que, se queredes, practiquedes algo de inglés durante as vacacións repetindo os xogos que se foron colgando.

Desexo que pasedes un moi, moi bo feliz verán e que descansedes moito xa que o merecedes un montón! E...

SEE YOU SOON!!





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario